A diversidade lingüística en España


En España, unha gran parte d poboación é bilingüe e, en ocasións, trilingüe. O castelán ,no seu avance histórico, alcanzou todos os puntos da xeografía española e incluso chegou a outros continentes, como América. Esta lingua conta cunha gran variedade de dialectos e convive con outras linguas presentes na Península. 
Actualmente, en España fálanse catro linguas, das cales tres teñen a súa orixe no latín: español, catalán e galego; e unha cuarta lingua máis antiga de orixe non determinado: o vasco ou eusquera. Ademais, tamén están presentes o aragonés e o leonés, procedentes do latín, pero considerados, ata o momento, como dialectos do español.
A situación actual das linguas en España é moi desigual, pois o español é falado en todo o territorio, e no último cuarto do século XX produciuse un proceso de recoñecemento e recuperación das distintas identidades culturais e lingüísticas que, con dificultades, sobreviviron á presión establecida durante moito tempo pola que foi única lingua oficialmente recoñecida.

Por un lado, a lingua catalá. Aparece entre os séculos VIII e IX, e os primeiros textos escritos que están documentados datan do século XII. Foi a lingua da corona catalano-aragonesa, e entre os séculos XIII e XV foi expandida ás Illas Baleares e Valencia, Cerdeña, Sicilia, Nápoles e Grecia.
Na actualidade, o catalán fálase en catro estados europeos: España, nas comunidades autónomas de Cataluña, Illas Baleares, Comunidade Valenciana, Aragón e Murcia; Andorra, onde é a única lingua oficial; Francia, en cinco comarcas integradas no Departamento dos Pirineos Orientais; e Italia, en l'Alguer, na illa de Cerdeña. Estímase que a lingua catalá é entendida por dez millóns de persoas e falada por máis de sete millóns.
En 1861, estableceuse unha división dialectal do Catalán en dúas grandes zonas, occidental e oriental, baseándose en criterios fonéticos. O catalán oriental agrupa catro dialectos: rosellonés, central, balear e alguerés, cos seus correspondentes subdialectos. En cambio, o catalán occidental está subdividido en catalán norte-occidental e valenciano. 


Por outra parte, a transformación do latín en galego produciuse de maneira progresiva. A partir dos testimonios escritos conservados, pódese afirmar que cara o século VIII a lingua da iglesia e da administración era moi diferente do latín. Sen embargo, os primeiros escritos da lingua considerada xa como galego datan do século XII. 
A partir do século XIV coa súa consolidación, a literatura galega vive o seu período de maior esplendor: o galego convértese na lingua por excelencia da lírica. Durante este período, o galego alcanza un rango internacional, xa que foi utilizada por autores de moitos lugares: galegos, portugueses, leoneses, occitanos, sicilianos, etc. 
Non obstante, tras esta época de esplendor, a lingua galega vive os séculos XVI, XVII e XVIII coñecidos como 'os séculos escuros', no que o galego estivo practicamente ausente dos escritos, frente ao castelán e o portugués; e vive un progreso de dialectalización e fragmentación ata o século XIX no que resurdirá cos escritores románticos.
O galego é falado por máis de dous millóns de persoas, mairoitariamente en Galicia, pero tamén está presente en algunhas zonas fronteirizas con Castela e Extremadura.


Por último, o vasco ou eusquera é a lingua máis antiga entre as que se falan en España e conta con cerca de un millón de falantes. O seu territorio ocupa a maior parte do País Vasco e a metade norte de Navarra, e se estende ata Francia, no Departamento dos Baixos Pirineos, onde conta con cen mil falantes.
A súa situación é diferente respecto á das anteriores linguas citadas. Por un lado, a súa orixe é incerta, o único que se sabe é que non é unha lingua indoeuropea e que xa se falaba na Península antes da romanización, nunha amplia zona do norte, entre Cantabria e o Val de Arán. Por outra parte, o eusquera non ten a tradición literaria secular das linguas romances, o castelán foi a súa lingua de cultura durante moito tempo, relegando ao vasco a un ambiente familiar e rural.
A recuperación da lingua iniciouse no século XIX, cando se impulsou unha literatura que xa conta con prestixiosos autores. 
O eusquera ten sete variedades, a partir das cales se unificou o eusquera 'batua' que actualmente se ensina nas escolas do País Vasco.
Respecto ao español, esta é a lingua oficial de España e cooficial nas comunidades onde se falan outros idiomas peninsulares. Conta tamén con varios dialectos no territorio español, como son o aragonés, o leonés, o asturiano, e dialectos meridionales como son o andaluz, o canario, o extremeño e o murciano. Por último, débense mencionar o caló, variante do romaní, falado por persoas de etnia xitana; e os dialectos árabes falados nos territorios de Ceuta e Melilla.

Comentarios