A diversidade lingüística
A diversidade lingüística pódese definir como a medida da cantidade de linguas existentes nun país ou área xeográfica. Existe unha gran variedade de diversidade dependendo da zona xeográfica e das migracións, do comercio e das influencias culturais.
Como consecuencia disto, a distribución das linguas é moi diversa en función dos continentes. Europa é o continente menos diverso desde hai siglos, conta con menos do 5% das linguas do mundo, pero estes idiomas son falados pola maior parte dos habitantes do planeta, como lingua materna ou como segunda lingua. Por outro lado, as nacións con maior diversidade lingüística son Papúa Nova Guinea (Oceanía), Indonesia (Asia), Nigeria (África) e India (Asia). En América, coa extinción de linguas indíxenas, a diversidade disminuíu notoriamente, pero aínda se atopan rexións moi diversas como o sureste de México e Guatemala, a Amazonia e as zonas circundantes.
Facer unha análise obxectiva da diversidade lingüística dunha nación é unha tarefa moi complexa. Entre os parámetros propostos para poder comparar esta variable entre distintas zonas xeográficas, destaca o índice de Greenberg. Este é o índice usado por Ethnologue, e constitúe un indicador da probabilidade de que dous habitantes dunha mesma nación se caractericen por distintos idiomas maternos. O valor mínimo teórico deste índice é cero, que indica unha homoxeneidade total da lingua dunha poboación; e o valor máximo posible é un, máxima diversidade de linguas nunha área. Así, a diversidade lingüística da India, con 12 idiomas oficiales e outras linguas menores, é próxima a un; mentres que en gran parte das nacións de Europa, o seu nivel está máis próximo de cero.
Outra medida de diversidade linguçistica dunha rexión ou país é a extensión media do dominio lingüístico que ocupa cada unha das linguas faladas nesa rexión.
As linguas non son só ferramentas para a comunicación, senón tamén un motivo de riqueza cultural e histórica. As distintas formas de comunicarse posibilitan distintas formas de expresarse e entender a realidad. Por tanto, a importancia da diversidade lingüística reside na preservación cultural, histórica e etnolóxica dos distintos pobos do mundo.
As linguas non son só ferramentas para a comunicación, senón tamén un motivo de riqueza cultural e histórica. As distintas formas de comunicarse posibilitan distintas formas de expresarse e entender a realidad. Por tanto, a importancia da diversidade lingüística reside na preservación cultural, histórica e etnolóxica dos distintos pobos do mundo.
Comentarios
Publicar un comentario