En España, unha gran parte d poboación é bilingüe e, en ocasións, trilingüe. O castelán ,no seu avance histórico, alcanzou todos os puntos da xeografía española e incluso chegou a outros continentes, como América. Esta lingua conta cunha gran variedade de dialectos e convive con outras linguas presentes na Península. Actualmente, en España fálanse catro linguas, das cales tres teñen a súa orixe no latín: español, catalán e galego; e unha cuarta lingua máis antiga de orixe non determinado: o vasco ou eusquera. Ademais, tamén están presentes o aragonés e o leonés, procedentes do latín, pero considerados, ata o momento, como dialectos do español. A situación actual das linguas en España é moi desigual, pois o español é falado en todo o territorio, e no último cuarto do século XX produciuse un proceso de recoñecemento e recuperación das distintas identidades culturais e lingüísticas que, con dificultades, sobreviviron á presión establecida durante moito tempo pola que foi única ...
Comentarios
Publicar un comentario