Linguas en perigo de extinción debido a Internet
No mundo fálanse máis de 7000 linguas, das cales 2500 están en perigo, en parte por culpa de Internet, e en específico, por culpa dos smartphones.
Un lingüista húngaro, András Kornai, define este fenómeno como "a morte dixital dos idiomas". Isto é debido a que Internet conta con un reducido número de linguas "hiperconectadas", as cales dominan o escenario virtual. Algunhas das máis utilizadas son o inglés, o español, o xaponés, o árabe e o portugués. Non obstante, o chino mandarín, falado por miles de millóns de habitantes, superará o uso do inglés no mundo dixital.
O universo dixital está creando unha revolución idiomática, potenciada polo uso de novas tecnoloxías de uso cotiá, como poden ser o GPS ou os comandos de voz no celular. O problema chega cando estes novos dispositivos e tecnoloxías non recoñecen todos os idiomas.
A META (Alianza Tecnolóxica Multilingue de Europa) declara que moitos dos idiomas falados no mundo non sobrevivirán á sociedade da información dixital globalizada, pois os analistas calculan que, durante as próximas décadas, unhas 2000 linguas enfróntanse á extinción, "a brecha salarial entre as linguas 'grandes' e as 'pequenas' é cada vez maior".
Nun artigo publicado por El País en 2005, a UNESCO alertaba, mediante un informe, do perigo que conlevan as novas tecnoloxías para certas linguas, pois favorecen a "homoxeneización" dando lugar á extinción de linguas máis pequenas. Nese informe denúnciase que tres cuartas parte de Internet están escritas en inglés, cando a maior parte das persoas que acceden a Internet non teñen o inglés como lingua materna. Do mesmo xeito, menciónase que segundo os lingüistas, o fenómeno da extinción de linguas ten lugar a maior escala, e que dentro dun século, entre o 90 e o 95% das linguas poderían estar desaparecidas.
Soamente dentro do marco europeo atopáronse máis de 20 linguas en perigo de extinción dixital, entre as que están o croata, o gaélico irlandés, o letón, o maltés e o lituano; así como o eusquera, o catalán, o rumano, o búlgaro e o islandés, entre outras.
No caso do islandés, o seu uso en tecnoloxía da linguaxe volveuse case inexistente en 1999, ao só existir un corrector ortográfico e un sintetizador da linguaxe. Pero esta situación non mellorou moito máis cos anos. Ao ser unha lingua complexa, e co aumento do uso do inglés debido ao turismo, casos como o GPS ou os asistentes de voz dos smartphones non detectan o idioma.
Por estes motivos, moitos falantes están preocupados polo futuro da súa lingua, que amenazada pola tecnoloxía da información, enfróntase ao inglés nos seus avances. "Todos os equipos e aplicacións do futuro serán comandados por tecnoloxías de voz. Non poder facer uso do islandés significará que perdemos unha parte importante do día a día a favor do inglés; isto será o principio do fin para o islandés, e por tanto perderemos unha conexión importante co noso pasado.".
Non obstante, Internet tamén pode servir para rescatar idiomas.
Os investigadores das linguas sinalan que é importante invertir nas nosas linguas, en especial en tecnoloxías multimedia.
Por outro lado, Wikipedia conta cun programa para o rescate dos dialectos e Google, en 2012, lanzou un proxecto chamado "Idiomas en perigo de extinción", que amplía co paso dos anos.
Os lingüistas insisten na importancia de concienciar sobre as amenazas das linguas e facer que a xente comece a usar o idioma para todos os ámbitos da vida cotidiá. Tamén sinalan a importancia de invertir no desenvolvemento de tecnoloxías de voz ou tradución automática, pois os idiomas con poucos falantes que dependen da tecnoloxía da información e de Internet son moi vulnerables.
Non obstante, Kornai sinala que, aínda que un idioma que non está en web non existe, unha lingua non se extingue ata que morren @s seus/súas últim@s falantes.

Comentarios
Publicar un comentario