Linguas en perigo de extinción debido a Internet
No mundo fálanse máis de 7000 linguas, das cales 2500 están en perigo, en parte por culpa de Internet, e en específico, por culpa dos smartphones. Un lingüista húngaro, András Kornai, define este fenómeno como "a morte dixital dos idiomas". Isto é debido a que Internet conta con un reducido número de linguas "hiperconectadas", as cales dominan o escenario virtual. Algunhas das máis utilizadas son o inglés, o español, o xaponés, o árabe e o portugués. Non obstante, o chino mandarín, falado por miles de millóns de habitantes, superará o uso do inglés no mundo dixital. O universo dixital está creando unha revolución idiomática, potenciada polo uso de novas tecnoloxías de uso cotiá, como poden ser o GPS ou os comandos de voz no celular. O problema chega cando estes novos dispositivos e tecnoloxías non recoñecen todos os idiomas. A META (Alianza Tecnolóxica Multilingue de Europa) declara que moitos dos idiomas falados no mundo non sobrevivirán á sociedade da ...